-
Period: to
Actividade do cárcere do Parrtote
Inagurada en 1760 e destruída no 1928 a prisión acompañou a A Coruña durante gran parte da súa historia. Porén esta edificación non estivo libre de críticas, durante décadas exixiuse a súa demolición e traslado dos presos a outro cárcere pero, dada á falta de financiación e fondos o proxecto atrasaríase durante décadas. -
O cárcere
Situada na zona do Parrote esta cárcere era coñecida polas inundacións das celas durante as mareas altas, situación que explicaría a grande humidade presente na prisión. -
Period: to
Acción Coruñesa contra a prisión
Durante a súa publicación Acción Coruñesa adicou artigos de opinión a este centro penitenciario.A apilación de presos, a humidade e a epidemia de tifus exantematico dentro da prisión marcaron as pésimas condicións denunciadas por Acción Coruñesa.
Do mesmo modo traballadores do centro chegaron a participar no xornal mostrando a súa desconformidade ca edificación. -
Crítica do director da prisión Eugenio López en Acción Coruñesa
O número de lectores así como a relevancia de Acción Coruñesa foi tan ampla que o mesmo director da prisión participou na crítica aos gobernantes da cidade por medio do semanario.
Neste número de Acción Coruñesa o propio director do cárcere intenta iniciar unha recollida de fondos que facilite a construciónn dun novo centro -
Traslado dos presos ao novo cárcere
Ante a inminente demolición da prisión do Parrote tras décadas de críticas, os presos víronse obrigados a trasladarse a nova prisión da cidade. Situada ao carón da Torre de Hércules a Prisión Provincial da Coruña estaría activa dende 1928 ata 1999 -
A súa demolición
-
Edificado sobre os restos do cárcere coruñés
Tras anos da demolición da prisión o xa emblemático hotel Finisterre abriu as súas portas -
De cárcere a lugar de ocio
-
Emblemático hotel Finisterre
-
Actualmente
Non quedan restos da que foi a prisión da Coruña durante máis de douscentos anos. No seu lugar atopamos a xa coñecida Solana da Coruña