Historia do Mundo Contemporáneo

  • Period: to

    A Europa do Antigo Réxime e o cambio

    Etapa dende o Antigo Réxime ata as novas ideas como a Ilustración e os novos sistemas de goberno como o Parlamentarismo Inglés
  • Creación do Bill of Rights

    Era unha declaración de dereitos feita en Gran Bretaña que limitaba os poderes do monarca e sometía algunhas das súas decisións ao Parlamento. Guillerme de Orange foi obrigado polo parlamento a xuralo e aceptalo antes de ser escollido como monarca.
  • Publicación de Dous tratados sobre o goberno civil

    Obra do filósofo inglés Locke, tivo unha grande influencia no pensamento ilustrado e na revolución americana.
  • A Revolución Industrial

    A Revolución Industrial
    Proceso histórico na segunda metade do século XIX iniciado en Gran Bretaña e caracterizada polo uso de máquinas tanto nas fábricas como no campo, ademáis da aparición de novas clases sociais.
    https://economipedia.com/definiciones/primera-revolucion-industrial.html
  • Tratado de Utrecht

    Tratado de Utrecht
    Despois da grave Guerra de Sucesión Española esto fixo que houbera un declive do imperio español en Europa, ademáis significou o comezo da dinastía borbónica en España.
    O tratado de Utrecht puxo fin ao conflicto e otorgou unha serie de beneficios a Rusia, Prusia, o Ducado de Savoia e a Holanda. O gran beneficiado foi Gran Bretaña que conseguiu o monopolio do tráfico de escravos, e Holanda que se consolidou coma unha gran potencia marítima e comercial.
  • Desenvolvemento da Ilustración

    Desenvolvemento da Ilustración
    Desenvolvemento do pensamento ilustrado a partir do século XVIII en Francia, este pensamento defendía a razón como o único medio para entender e explicar o mundo ademáis da creación do liberalismo, así creando a separación de poderes de Montesquieu.
    http://www.profedesociales.com/enlaces/materias/uno_hmc/uno_antiguo_regimen/division_poderes.html
  • Creación da lanzadeira de voante.

    Creada por John Kay, con ela iniciouse a mecanización do tecido.
  • Period: to

    Creación das novas máquinas na industria do algodón

    A mecanización comenzou coa lanzadeira voante de John Kay en 1733, aumentou a velocidade do tecido, posteriormente inventouse as fiadoras Mule jenny(1764) e Spinning Jenny en 1779 que funcionaban a vapor e aumentaban moito a productividade. Por último a invención do tear mecánico de Cartwright en 1786 que estaba movido pola forza do vapor e estimulou o desenvolvemento da industria química.
  • Publicación da Enciclopedia

    O proxecto de Diderot e D´Alembert era publicar unha grande obra que reunise todos os coñecementos da época, de calquera ámbito do saber, fundamentados na razón e no estado da natureza.
    Foi publicado en 1751 e abrangue 35 volumes, nela colaboraron os principais pensadores da ilustración.
  • Posta en marcha dos Enclousure Acts

    Feitos para mellorar a produtividade e para legalizar o proceso. Feitos polo Parlamento Inglés e controlado polos grandes propietarios.
  • Period: to

    Posta en marcha dos Enclosure Acts en Gran Bretaña

  • Creación da máquina de vapor

    Creación da máquina de vapor
    O invento de James Watt consistía nunca máquina accionada mediante combustión de carbón. Este invento permitíu a invención de novas máquinas tanto industriais como agrícolas ademáis de medios de transporte.
    https://www.elblogdelaingenieria.com/james-watt-la-maquina-de-vapor/
  • Declaración de Independencia dos Estados Unidos

  • Period: to

    Revolución Francesa

    Foi a revolución que fixo o pobo de Francia despois dasdesigualdades sociais que se vivíron, como a gran pobreza dos campesiños, a moi enriquecida burguesía, a facenda en estado de bancarrota etc.
  • Convocatoria dos Estados Xerais

    Convocatoria dos Estados Xerais
    Ante a proposta dunha reforma fiscal, a nobreza rebelouse e esixiu a convocatoria dos Estados Xerais, os únicos con capacidade para aprobar novos impostos. O 5 de maio reuníronse de 1789.
    http://www.claseshistoria.com/glosario/estadosgenerales.htm
  • Asamblea Nacional Constituínte

    Asamblea Nacional Constituínte
    Os deputados do Terceiro Estado declararon que representaban a maioría da pobación e xuraron non disolverse ata darlle unha constitución a Francia. O rei aceptou a situción e o 27 de xuño, os Estados Xerais transformáronse en Asamblea Nacional Constituínte. Máis información en https://www.lavanguardia.com/historiayvida/edad-moderna/20190705/47311214351/la-toma-de-la-bastilla-empieza-la-revolucion.html
  • República xirondina

    Comenzaron a gobernar a república e consideraban que co establecemento de esta a Revolución rematara. Estaban dirixídos por Brissot.
  • república xacobina

    república xacobina
    Os xacobinos acusaban ós xirondinos de non responder ás necesidades populares. Os líderes xacobinos asaltaron a convención e obtiveron o poder. Fixeron unha constitución nova e diferentes reformas sociais. Os seus líderes eran Danton, Marat, Roberspierre, e Hébert.
    https://enciclopediadehistoria.com/jacobinos/
  • República burguesa moderada

    Foi a última etapa da república, o goberno estaba dirixido por un Directorio e rematou co golpe de Estado de Napoleón o 18 de Brumario de 1799
  • Period: to

    Napoleón en Francia

  • Period: to

    Expansión do Movemento Obreiro

    A formación da nova clase obreira e a expansión de novas doutrinas como o socialismo, anarquismo e tamén a formación dos novos sindicatos e partidos políticos
  • Nomeación de Napoleón como emperador

    Nomeación de Napoleón como emperador
    Despois do golpe de Estado, estableceuse un goberno, coñecido como Consulado, formado por tres cónsules, entre os que se atopaba Napoleón Bonaporte. Fíxose unha nova constitución en (1799) na que se afirmou o poder persoal de Napoleón como primeiro cónsul e posteriormente nomeado cónsul vitaliceo en 1802 e emperador en 1804. Como emperador fixo varias reformas, actuou contra os radicais e garantiu as oportunidades de negocio no interior e nas conquistas tanto no campo como nas cidades.
  • Inicio do Ludismo

    Inicio do Ludismo
    Debido ó gran número de despidos e os baixos salarios que existía nas fábricas pola introducción de máquinas os empregados comenzaron a facer revoltas espontáneas e violentas. Estas revoltas foron coñecidas como revoltas ludistas polo mítico capitán Nedd Ludd. Estas revoltas espalláronse por todo o continente.
    Máis información en http://www.claseshistoria.com/movimientossociales/m-ludismo.htm
  • Reunión no Congreso de Viena

    Reunión no Congreso de Viena
    Os vencedores de Napoleón, Gran Bretaña, Prusia, Austria e Rusia, reuníronse para restaurar as monarquías tradicionais e impedir a expansión das ideas liberais. Reuníronse no Congreso de Viena xunto con Francia despois de volver á monarquía borbónica. Restauraron o mapa e establecéronse dous principios que eran a celebración de congresos e o dereito de intervención Dunias exercito da Santa Alianza se os países estaban ameazados por unha revolución liberal.
  • Derrota de Napoleón

  • Creación da locomotora de Stephenson

  • Great Trade Unions

    Unión dos diversos sindicatos de oficio que chegou a ter máis de medio millón de traballadores afiliados. Estaba dirigida por Robert Owen.
  • Fundación da Working Men´s Association/Asociación Nacional da Carta

    Fundada por un grupo de obreiros e responsables da publicación da Carta do Pobo, posteriormente en 1842 transformouse na Asociación Nacional da Carta Fundada considerado o primeiro partido político dos traballadores.
  • A monarquía liberal de Vitoria I (1837-1901)

    Denominada a era vitoriana, o seu sistema político baseábase na alternancia do poder nos dous grandes partidos os tories (conservadores) e os whigs (liberais), posteriormente en 1890 comenzaron a perder influencia entre os traballadores que se decantaron polo novo Partido Laborista.
  • Guerras do opio (1839-1842) e (1856-1860)

    Debido á prohibición chinesa de que os británicos comerciaran opio procedente de India. O conflicto permitíulle a Gran Bretaña conseguir o enclave de Hong Kong e abrir portos ao comercio internacional.
  • Primaveira dos pobos

  • Comezo do pensamento marxista

    Comezo do pensamento marxista
    Os dous pensadores Karl Marx e Friederich Engels publicaron o Manifiesto do Partido Comunista. Foi a primeira formulación do marxismo e tería un gran impacto no obreirismo. Defendía a destrucción da orde liberal e o sistema económico do capitalismo, para facer unha sociedade máis igualitaria, pero Marx dicía que para esto tería que ser o proletariado, organizado politicamente o que mediante unha revolución fixera unha orde social sen clases.
    https://es.wikipedia.org/wiki/Marxismo
  • Unificación de Italia e Alemaña

    Nos dous países roubo diferentes intentos de unificación, en Italia despois do fracaso da vía revolucionaria en 1848 fixo que a monarquía liberal-constitucional baixo a coroa de Vítor Manuel II de Savoia como a unica forza para conseguir a unificación. Finalmente conseguís despois de un pacto con Garibaldi.
    En Alemaña impuxose a estratexia de Otto von Bismark, o chanceler de Guillerme I, a unificación dirixiríai Prusia e conduciríase ata a proclamación de Guillerme I como emperador.
  • Chegada ao poder de Alexandre II e as súas reformas (1855-1881)

    Coa grave situación económica pola que pasaba Rusia o tsar Alexandre II fixo unhas reformas as cales consistían na abolición da servidumbre en 1861 e no impulso da industrialización mediante os investimentos estranxeiros.
  • Invención do convertedor de Bessemer

    Permitía transformar o ferro en aceiro, o que mellorou a producción.
  • Guerra de Secesión dos Estados Unidos (1861-1865)

  • Formulación do Anarquismo

    Formulación do Anarquismo
    O ruso Mikel Bakunin formulou que a destrucción do capitalismo e a revolución terían como protagonistas a todos os sectores oprimidos.
    https://www.artehistoria.com/es/contexto/el-anarquismo-de-bakunin
  • Primeira Internacional

    Organizada en seccións nacionais cun Consello Xeral dirixido por Marx o cal redactou o manifesto inaugural no que se establecían os principios básicos da Internacional.
  • Francisco Xosé rei e emperador

    Francisco Xosé rei e emperador
    Francisco Xosé comenzou a reinar sobre unha dupla monarquía (Austria-Hungría). En Austria existía unha Constitución na que recoñecía as liberdades públicas e constituíuse un Parlamento elixido por sufraxio censatario. En Hungría o sistema era máis restrictivo, os nobres eran os que controlaban os poderes lexislativo e executivo. Os dous reinos tiñan un goberno e parlamento propios e unha lei electoral para encargarse dos asuntos internos.https://es.wikipedia.org/wiki/Francisco_José_I_de_Austria
  • Revolución Meixi en Xapón

  • Apertura dos canales de Panamá e de Suez (1869 e 1914)

    Apertura dos canales de Panamá e de Suez (1869 e 1914)
    A apertura dos dous canales primeiro a do canal de Suez en 1869 e a apertura do de Panamá en 1914 provocaron un aumento do volumen de comercio internacional.
    https://www.gentleman.elconfidencial.com/multimedia/album/reportajes/2019-07-11/canal-panama-historia-fotos-imagenes_1408757#0
  • III República Francesa

    A caída do imperio de Napoleón III conseguíu a proclamación da República. Francia foi a única das grandes potencias europeas en ter ese réxime político.
  • Alemania de Bismarck

    Alemania de Bismarck
    Formada polo chanceler Bismarck e o káiser Guillerme I que contiña un réxime moi autoritario. Algunhas das súas características eran que contiña sufraxio masculino pero solo para o Reistag, tiña unha estructura federal ainda que Prusia tiña máis deputados na Bundestag que era elixida por sufraxio censatario e tiña un poder lexislativo. O emperador dirixía as forzar armadas, designaba ao chanceler e gobernaba os 25 estados, mentres que o poder executivo recaía no chanceler e no goberno.
  • Period: to

    Dominación de Europa sobre o mundo

    As innovacións científicas, tecnolóxicas e a creación dos imperios coloniais fixeron situarse ós países europeos como as primeiras potencias económicas mundiales.
  • Period: to

    As Grandes Potencias

    Ademais das conquistas de novos territorios tamén houbo diferentes cambios políticos e sociais
  • Segunda Revolución Industrial dende 1871 ata 1911

    Segunda Revolución Industrial dende 1871 ata 1911
    As innovacións tecnolóxicas permitiron o desenvolvimento dunha segunda revolución industrial, algunhas destas foron a electricidade, os novos medios de transporte e combustibles como o petróleo, a expansión da rede de telegrafías, os novos productos e os novos sistemas de traballo como o taylorismo e o fordismo.
  • Invento do Teléfono

    Invento do Teléfono
    Inventado por Meucci pero patentado por Bell consigueu cambiar para sempre a forma de comunicación.
    https://www.milenio.com/tecnologia/telefono-alexander-graham-bell-cumple-143-anos
  • Creación dos métodos Taylorismo e Fordismo

    Creación dos métodos Taylorismo e Fordismo
    En 1881 F. W. Taylor creou o seu método de traballo para mellorar a productividade, para esto especializaria o traballo ou producción en serie, ademáis abarataría custos e prezos. Despois Henry Ford utilizaría o seu método amplicándolle incentivos salariais ós seus traballadores .
    https://es.slideshare.net/veronicaalejandraramos/taylorismo-y-fordismo-veronica-ferreira-6-economia-liceo-n5
  • Conferencia Internacional de Berlín

    Conferencia Internacional de Berlín
    Ca chegada de novos Estados como Alemaña, Bélxica e Portugal a África incrementou a rivalidade para isto convocouse a Conferencial Internacional de Berlín que estipulou as condicións para ocupar os novos territorios e estableceu as diferentes zonas de influencia.
    https://es.wikipedia.org/wiki/Conferencia_de_Berl%C3%ADn
  • Segunda Internacional

    Fundouse en París en 1889, so incorporou partidos socialistas e creou algúns dos símbolos do movemento obreiro.
  • Guerra chinés-xaponesa

    Os dous países entraron en guerra polo control de Corea. O vencedor foi Xapón e corea deixou de ser un Estado vasalo chinés e pasou a ser un protectorado xaponés.
  • Guerra entre Estados Unidos e España

    Estados Unidos declaroulle a guerra a España despois do afundimento do seu acoirazado Maine no porto da Habana e posteriormente enfrontáronse na baía de Manila. España foi derrotada e na Paz de París renunciou aos territorios de Cuba, Porto Rico, Filipinas e Guam.
  • Formación do Partido Obreiro Social-Demócrata Ruso

    Inspirado por Georgi Plejánov en 1904 existían dous bandos os menxeviques, un partido de masas que seguía as directrices da II internacional, e os bolxeviques con Lenin como líder que propugnaban un partido máis minoritario cunha organización ríxida e centralizada integrada por unha élite de revolucionarios disciplinados dispostos a tomar o poder pola forza.
  • Crises marroquís (1904 e 1911)

    Enfrontaron a Alemaña e a Francia debido a que Francia quería establecer un protectorado en Marrocos. A conferencia de Alxeciras estableceu un protectorado franco-español co apoio de Gran Bretaña.
  • Guerra ruso-xaponesa

    Os xaponeses co apoio dos británicos detiveron o expansionismo ruso por Manchuria e no norte de Core. O Imperio xaponés anexionou Corea en 1910
  • Formación do Partido Outubrista e o Partido Democrático Constitucional

    O Partido Outubrista defendía unha monarquía constitucional e apoiaba as propostas do tsar.
    O Partido Democrático Constitucional coñecidos como kadetes, representaba ás clases medias e propuña unha Asamblea Constituínte elixida por sufraxio universal que determinase a forma do Estado Ruso.
  • Revolución de 1905

    Revolución de 1905
    En Xaneiro estoupou un movemento revolucionario feito nunha manifestación diante do Palacio de Inverno na que se protestaba contra o despotismo e a inxustiza social e demandaban melloras nas condicións de vida e a celebración dunha Asamblea Constituínte. Esta manifestación foi reprimida polo exercito causando 300 mortos e pasándose a chamar o Domingo Sanguento. Esto fixo que o tsar tivese que facer reformas que foron anunciadas no Manifesto de Outubro que posteriormente non se cumpliron.
  • Creación do Triplo Acordo

    Era unha alianza de países para conter a Alemaña. Esta estaba feita entre Rusia, Francia e Gran Bretaña.
  • Estalido do conflito

    Estalido do conflito
    O asasinato do arquiduque Francisco Fernando, herdeiro da coroa austríaca, a maos dun estudiante bosníaco relacionado con grupos nacionalistas serbios en Saraxevo, fixo que Austríaca impulsada por Alemania lle declarara a guerra a Serbia. A partir de ese momento púxose en marcha o xogo das alianzas.
    https://www.elmundo.es/la-aventura-de-la-historia/2016/06/28/5772529522601dff658b4654.html
  • Period: to

    I Guerra Mundial

    O asasinato do herdeiro da coroa Austrohungara desencadeou unha guerra que viña dende acontecementos e anos atrais.
  • Period: to

    Guerra de movementos

    Caracterizada polo movemento das tropas en ambas as dúas frontes co obxectivo de obter unha vitoria rápida.
  • Batalla do Marne

    Batalla do Marne
    Os franceses atacaron Alemaña por Alsacia pero posteriormente tierno que retroceder derrotados, mentres os exércitos xermanos avanzaron sobre Bélxica e invadiron Francia. Poucos meses depois o mariscal Joffre reorganizou o exército e consiguiu parar o avance dos alemáns na Batalla do Marne.
    https://archivoshistoria.com/la-batalla-del-rio-marne-septiembre-de-1914/
  • Period: to

    Guerra de trincheiras

    Caracterizada polo estancamento do conflicto sen avanzar e protexéndose mediante a construcción de trincheiras para impedir o avance inimigo.
  • Asasinato de Rasputín

    Xa que Rasputín cada vez tiña maior influenza sobre a familia Romanov foi asasinado por medio dun complot nobiliario.
  • Batalla de Verdún

    Batalla de Verdún
    Os alemáns intentaron romper a fronte francesa no norte de Francia e iniciaron a batalla de Verdún que durou catro intensos meses na cal os franceses resistiron nas súas trincheiras. En xullo os aliados intentaron unha ofensiva sin éxito no río Somme.
    https://es.wikipedia.org/wiki/Batalla_de_Verdún
  • Batalla de Xutlandia

    A guerra estendeuse tamén aos mares, unha gran parte da frota alemá e británica foi destruída. Posteriormente alemania iniciou unha guerra submarina co objetivo de impor un bloqueo naval e destruír os barcos que levaban suministros para os aliados.
  • Estados Unidos entra na Guerra

    Estados Unidos incorpórase á guerra despois do afundimento do seu barco Lusitania por un submarino Alemán.
  • Period: to

    De 1917 ao armisticio

    Momento decisivo para o desenlace da guerra. Comenzou con grandes e duros combates que sementaron o desánimo nos soldados. Finalizará ca firma do armisticio.
  • Period: to

    Revolución Rusa e a Orixe do Estado Soviético.

    Un dos acontecementos de maior transcendencia do século XX. Marcado por dúas revolucións, a de febreiro para a caída do tsar, e a de outubro que tivo como resultado a creación da URSS.
  • A revolución de 1917

    A revolución de 1917
    Despois dos incumplimentos de todo o que prometera o tsar e a entrada de Rusia na guerra fixo que se xerara unha manifestación o 23 de febreiro en Petrogrado que iría seguida dunha folga xeral o día 27. O exército negouse a disparar contra a multitude. As protestas pedían a retirada da guerra e a abdicación do tsar ademáis das melloras nas condicións de vida. O tsar abdicou e a Duma nomeou un goberno provisional.
  • Revolución de Outubro de 1917

    Revolución de Outubro de 1917
    Ideado por Lenin e os seus colaboradores que deciron que a revolución tiña que pasar da fase liberal burguesa á fase da ditadura do proletariado, despois de convencer aos bolxeviques e ter as condicións idóneas para farelo, prepararon a insurrección armada. O 25 de outubro apoderáronse dos servizos claves e asaltaron o Palacio de Inverno, e posteriormente a revolución estendeuse a Moscova. A primeiros de novembro a zona setentrional de Rusia estaba controlada polos bolxeviques.
  • Comezo do dominio do Exército Roxo na guerra en finais de 1918

    Esto debeuse á eficacia e disciplina militar, ó gran número de soldados e persoas que os apoiaban e á desorganización dos brancos.
  • Execución de Nicolao II e a súa familia

    Os bolxeviques executáronnos por medo a que foran rescatados polo exército branco.
  • Period: to

    Prosperidade, crise e depresión (O Periodo entreguerras)

    Aumentaron as diferenzas entre Europa e Estados Unidos que se consolidou como líder da economía mundial. Estados Unidos vivía unha época de prosperidade que se viu bruscamente truncada polo crac bolsista de 1929.
  • Period: to

    Os réximes totalitarios na Europa entreguerras

    As dificultades económicas de posguerra, as tensións sociais, a perda de confianza nos valores liberal-democráticos e as repercusións do crac de 1929 favoreceron o auxe de ideoloxías totalitarias como o fascismo italiano e o nazismo alemán.
  • Period: to

    A Guerra Civil rusa (1918-19121)

    Aínda que a revolución triunfara os bolxeviques non controlaban todo o Estado. Por ende os que apoiaban ao tsar, os que apoiaban ao governo provisional e aspiraban a unha república parlamentaria e os campesiños propietarios de terras comenzaron unha resistencia armada co obxectivo de impedir a consolidación do Estado Soviético. Estes eran chamados os rusos brancos dirixidos por vellos mandos do exército tsarista, mentres que os bolxeviques eran o Exército Roxo co seu artifice Trotski.
  • Firma do Tratado de Brest-Litovsk

    A firma do Tratado de Briest-Litvosk fai que Rusia saía da guerra debido ó triunfo dunha revolución en Rusia.
  • O armisticio

    O armisticio
    As vitorias dos aliados, a amortización da marina e o estalido dunha revolución inspirada no modelo ruso fixeron que o Reich empezara a afundirse. O 9 de novembro abdicou o káiser, proclamouse a república e asinouse o armisticio o día 11 de novembro de 1918, polo tanto a I Guerra Mundial rematara.
    https://www.lavanguardia.com/vida/junior-report/20181105/452654578870/armisticio-primera-guerra-mundial-cien-anos.html
  • Creación da Sociedade de Nacións

    Como proposta do presidente Wilson creouse a Sociedade de Nacións para garantir a paz no futuro e fomentar a colaboración e a cooperación entre Estados.
  • Conferencia de París

    Conferencia de París
    Na Conferencia de París os países vencedores reuníronse para preparar uns tratados de paz que remodelasen Europa. Un deles foi o programa dos 14 puntos feito polo presidente Wilson, o cal caracterizase pola destrucción dos imperios, no desarmamento, na consolidación da democracia etc.
    Tamén se estableceron cinco tratados cada un dirixido a un país vencido como o de Saint Germain para Austria, o de Neuilly para Bulgaria, o de Trianon para Hungría e o Tratado de Versalles para Alemaña.
  • Firma do Tratado de Versalles

    Foi o tratado que culpaba a Alemaña de ser a causante da guerra.
    Este imponía condicións moi severas e recibiuse como unha imposición e xerou descontento, (Dicktat).
    Algunhas destas eran a perda do 15% e o seu 10% da poboación.
    Repartición das colonias alemás entre os vencedores.
    Pagamento de reparacións de guerra.
    Entrega das minas de carbón do Sarre a Francia.
    Prohibición de unirse a Austria no futuro.
    Abolición do servizo militar e restricción do seu exército a 100000 homes etc.
  • Final da Guerra Civil

    Logo da vitoria en Ucrania o Exército Roxo quedou vencedor na guerra
  • Creación da URSS

    Creación da URSS
    Finalizada a guerra civil creouse a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas que abranguía distintas repúblicas autónomas e federadas. O Partido Comunista da Unión Soviética constituíuse no centro de poder do novo Estado, esto foi transformándose na ditadura do Partido Comunista. Só aquelas persoas que pertencían ao partido podían aspirar a exercer cargos nos sóviets e no Estado.
  • Toma do poder de Mussolini

    A organización do golpe de Estado encuberto chamado a "marcha sobre Roma" e diferentes actos de forza por todo o país fixo que Víctor Manuel II presionado polos polos políticos conservadores, pola Confederación de empresarios, os militares e os nacionalistas, lle encargara a Mussolini a formación dun novo goberno.
  • Ditadura de Primo de Rivera

    Ditadura de Primo de Rivera
  • Fascismo en Italia

    Fascismo en Italia
    Despois da toma do poder en 1922 e de ser un xefe de goberno de coalición con liberais e católicos iniciou a ditadura fascista con medidas que incluían a supresión da democracia, a concentración de todos os poderes na súa persoa aínda que mantiña a monarquía, establecemento das relacións co Vaticano mediante o Convenio de Letrán en 1929, unha política exterior expansionista e a aprobación de diferentes leis radicais ademáis dun gran control, dirección e represión da sociedade.
  • Creación das SS

    Creación das SS
    A creación da milicia de Hitler ou Grupo de Protección
    https://es.wikipedia.org/wiki/Schutzstaffel
  • Stalin faise co poder

    Stalin faise co poder
    Stalin que manexaba os resortes internos do PCUS puido obter o poder. Esto fixo que se estabelecera un réxime autoritario, sin ningún tipo de participación democrática. Forzou a colectivización da terra cunha economía planificada dirixida polo Estado. Estimulou a producción industrial de Rusia, sobre todo a industria pesada. Stalin perseguiu a todos os opositores e enemigos condenándoos ó cárcere ou á morte.
  • O réxime Stalinista

    Implantóuse unha ditadura centralista, esto acompañouse dun culto á súa persoa, dunha gran represión contra a disidencia con métodos como os gulags, tamén intentaban impregnar un control ideolóxico por medio da violencia, implantouse a economía planificada que se basaba na colectivización agraria forzosa, na destrucción dos kulaks, para promover a industria organizáronse Plans Quinquenais e así se potenciaria a industria pesadas as construccións mecánicas e demais.
  • Xoves Negro

    O pánico apoderouse dos investidores, durante ese día puxeronse á venda 13 millóns de títulos sen compradores e esto provocou unha caída en picado do seu valor. Nunha hora o mercado perdeu 10000 millóns de dólares.
  • Martes Negro

    Moitos bancos esixíron o pagamento dos préstamos facendo que a xente vendera a calquer precio. Os investidores non lle podían facer frente ás débedas e o mercado de valores seguíu caendo e as cotizacións non deixaron de baixar ata 1932.
  • A Gran Depresión que comenzou en 1929

    Co afundimento da bolsa de New York conducíu a unha depresión económica sen precedentes e unha crise feita por algúns factores como a sobreproducción industrial, a crise de liquidez, a espiral de emdebedamento, a caída do consumo e a crise na agricultura agravada por fortes tormentas de po chamadas Dust Bowl. Como non se consumía, non se producía polo tanto aumentaba o paro, que á súa vez deprimía máis o consumo.
  • Expansión da crise a o resto do mundo

    A crise de 1930 arrastrou os países de Europa e do resto do mundo.
    O descenso dos precios, o retroceso da demanda, cos problemas da banca houbo un drástico descenso dos préstamos e investimentos estadounidenses no exterior, ademáis da imposición de aranceis por parte dos Estados Unidos que foi seguida por moitos países.
  • O New Deal

    O New Deal
    Foi unha nova política feita polo presidente Roosevelt para superar a crise económica e paliar os seus efectos sociais. Baseábase na creación da Works Progress Administration para facer obras públicas, o National Recovery Administration para impulsar os acordos de prezos entre empresas, a lei de axuste agrario, as axudas para o pagamento de hipotecas, a lei de relacións laborais e un seguro de desemprego. Máis información https://economipedia.com/definiciones/new-deal.html
  • Chegada ao poder dos Nazis.

    Nun ambiente de represión e intimidación, as eleccións de marzo de 1933, xa sen garantías democráticas, o Partido Nazi triunfou xa que levou 288 deputados pero non a maioría absoluta. Despois de facer un pacto cos nacionalistas e o Partido de Centro Católico, Hitler aprobou unha lei de plenos poderes que lle permitían gobernar durante catro anos á marxe do parlamento e para anular o contido da constitución sempre que o considerase necesario para o ben de Alemaña.
  • Adolf Hitler nomeado chanceler

    Adolf Hitler nomeado chanceler
    O presidente Hindenburg cedeu ás presión dos nacionalistas, dos grandes industriais e dos xefes do exército e nomeou a Hitler chanceler.
  • Establecemento do réxime nazi.

    Baseábase nas características dun goberno moi autoritario, coa supresión de partidos para facer un réxime de partido único, o NSDAP, a unificación dos Länder, depuración da administración, o reforzamento da represión, a eliminación da desidencia, a expansión territorial, o nomeamento de Hitler como xefe de Estado, Führer e chanceler do III Reich. Ademáis intentaba facer unha autarquía e fomentar a industria pesada para facer armamento etc.
  • Creación da Gestapo

    O corpo de policía política creouse para reforzar a represión xunto cas SS.
  • Leis de Nuremberg

    Nelas degradaron oficialmente que os xudeus alemáns eran cidadáns de segunda clase.
  • A proposta Keynesiana

    A proposta Keynesiana
    Feita polo economista John Maynard Keynes nela loitaba contra a falta de demanda e a caída do investimento aumentando o gasto público, este gasto aumentaría o emprego e con el o consumo. Para incentivar a demanda propuxo a mellar dos salarios dos traballadores e unha redución fiscal. Para estimular o investimento, defendía penalizar fiscalmente o aforro e baixar os xuros para facilitarlles o crédito ás empresas. Máis información http://www.claseshistoria.com/entreguerras/solucioneskeynes.htm
  • Noite dos cristais rotos

    Noite dos cristais rotos
    Foron diferentes ataques a establecementos xudeus.
    https://encyclopedia.ushmm.org/content/es/article/the-night-of-broken-glass