If

A ITALIA FASCISTA

  • Fasci italiani di combattimento

    Fasci italiani di combattimento
    Mussolini creou neste ano os Fasci italiani di combattimento, que levaban a camisa negra e agrupábanse en esquadras. Estes eran un grupo de combate que se dedicaban a atacar a políticos de esquerda.
  • Partido Nacional Fascista

    Partido Nacional Fascista
    O ambiente de ultranacinalismo, inestabilidade e enfrontamento favoreceu a expansión aos fascios, dedicábanse a atacar políticos de esquerda e líderes sindicais e tamén a boicotear as folgas con accións violentas. A eficacia destas accións fixo que o movemento se extendese con rapidez e deu lugar á formación do Partido Nacional Fascista.
  • Marcha sobre Roma

    Marcha sobre Roma
    Para conseguir o poder os fascista empregaron dúas extratexias ao mesmo tempo: a parlamentaria e a actividade nas rúas (uso da violencia). Coa gran forza que posuían Mussolini organizou e realizou a Marcha sobre Roma para forzar o establecemento dun Goberno dirixido por el.
  • Mussolini xefe de Goberno

    Mussolini xefe de Goberno
    Tras o seu éxito na Marcha sobre Roma e contando co apoio de diversas personalidades, o rei Vítor Manuel II nomeou a Mussolini xefe de Goberno. Dende o poder iría desmantelando o sistema e a oposición mediante a violencia e leis.
  • Eleccións de 1924

    Eleccións de 1924
    Nestas eleccións os fascistas obtiveron a maioría. No Parlamento a oposición, en especial o deputado socialista Matteoti, denunciaron a brutalidade e a coacción empregadas polos fascistas na campaña electoral. Polas súas criticas Matteoti doi asasinado. En protesta os deputados da oposición abandoaron o Parlamento o que puxo en mans dos fascistas o control de todas as institucións do Estado
  • Ditadura e réxime totalitario

    Ditadura e réxime totalitario
    En 1925 Mussolini estableceu a ditadura persoal e o réxime totalitario. Todos os partidos e sindicatos agás o seu foron declarados ilegais, estableceuse a censura en todos os medios de comunicaión e realizouse unha intensa depuración no exército, na administración e no ensino. Todo o poder residía no Duce.
  • Acordos de Letrán

    Acordos de Letrán
    Mussolini consegue resolver a cuestión romana entre o Estado e o Papa, problema que afectaba desde a unificación de Italia. Nestes acordos Italia recoñecía a soberanía do Papa sobre un pequeno territorio en Roma, o Vaticano, e o Papa restablecía as súas relacións co reinado de Italia e recoñecía a Roma como a súa capital.
  • Colonización de Libia

    Colonización de Libia
    Mussolini levou a cabo un agresivo expansionismo en África colonizando Libia (1922-33), o que orixinou a imposición de sancións pola Sociedade de Nacións.
  • Conquista de Abisinia

    Conquista de Abisinia
    Mussolini levou a cabo un agresivo expansionismo en África conqueistando Abisinia (1935-36), o que orixinou a imposición de sancións pola Sociedade de Nacións.
  • Eixe Roma-Berlín

    Eixe Roma-Berlín
    Mussolini foi afianzando as súas relacións coa Alemaña Hitleriana e en 1939 formase o Eixe Roma-Berlín (Pacto de Aceiro) o que os acabaría unindo na Segunda Guerra Mundial.
  • Perda do poder

    Perda do poder
    A guerra amosou as debilidades dos italianos, con constantes derrotas e un completo sometemento aos alemás. No 1943 o Gran Consello Fascista aprobou devolver ao poder a rei e destituír a Mussolini. O rei ordena o arresto do Duce, pero este é liberado polos alemáns da prisión do Gran Sasso. Mussolini anuncia a rexeneración do réxime e proclamou a Républica Social Italiana, baixo a protección dos alemáns.
  • Execución de Mussolini

    Execución de Mussolini
    Coa derrota e retirada alemá, Mussolini intentou fuxir do país pero foi detido polos partisanos e executado.