Evolución de europa xvi xx

Historia de Europa (XVI-XX)

  • Period: to

    Antigo Réxime

    Neste período as monarquías absolutas abríanse paso a través de Europa, onde a sociedade era estamental e os pobres (80% da poboación) estaba suxeita ó sistema feudal e ó despotismo do rei. A longo do século, aparecen novas técnicas de cultivo, métodos industriais que aumentan a produtividade (manufacturas), rutas marítimas internacionais, e todo esto acaba desembocando no crecemento da poboación. Desta maneira empeza a xermolar unha clase de adiñeirados non privilexiados: a burguesía.
  • Habeas Corpus

    Habeas Corpus
    A súa tradución literal é 'ter o (teu) corpo presente para expoñer'.
    Trátase dun documento firmado por Carlos II, no que se extipulaban os dereitos individuais, como o de comparecer ante un xuíz. Foi a consecuencia das revolucións vividas en Inglaterra a mediados do século, neste caso dirixida por Oliver Cronwell.
  • The Bill of Rights: Declaración de dereitos de Inglaterra.

    The Bill of Rights: Declaración de dereitos de Inglaterra.
    Foi o froito dunha segunda revolución, onde se destronan ós Estuardo e colócase a Guillerme de Orange. Nesa declaración obrigábaselle o monarca a compartir o poder co Parlamento. Isto valeu de inspiración para o resto de revolucións progresistas en Europa.
  • Period: to

    A Ilustración

    Foi corrente filosófica nacida en Francia na que se utilizaba a razón como forma de entender o mundo, que contaxiou ó resto de países, inclusive chegando ás monarquías absolutas, orixinando o chamado 'Despotismo Ilustrado', onde os reis (sen perder influencia política) outorgaban certas reformas liberais, como fomento da educación e implacación e mellora na economía. Un exemplo español foi Carlos III.
  • Paz de Utrecht

    Paz de Utrecht
    Así se nomeou o tratado que puxo fin á Guerra de Sucesións española e deu comezo a unha nova dinastía de reis: os Borbóns (dinastía actual). Aquí un breve resumo das súas consecuencias. Enter Link text
  • Sistema Norfolk

    Sistema Norfolk
    Lord Townshen, importante funcionario inglés, abandonou en 1730 o seu traballo para investir todo o tempo en mellorar a produtividade da terra, sen utlizar o barbeito. E así o fixo. Combinou cereais con plantas forraxeiras para o gando, enriquecendo a terra .Aínda que só sexa un método de cultivo, permitiu mellorar a calidade de vida das persoas e fora un dos factores da revolución demográfica (sube a tasa de natalidade e baixa a de mortalidade e aumenta a esperanza de vida de 35 a 50 anos).
  • Period: to

    Revolucións industriais.

    A metade do S.XVIII comezaban a darse unha serie de reformas na agricultura que permitiron unha revolución demográfica. Debido a gran demanda, os terratenentes aprópianse das terrascomunais e os pequenos propietarios non poden competir entón teñen dúas opcións: traballar para eles ou marchar ás industrias. Desta maneira formáronse cidades arredor delas e aceu unha nova clase social: o proletariado, preso do traballo e famento polas malas condicións.
  • Period: to

    Enclosure Acts

    A mediados do S.XVIII a demanda de alimentos crecía ó compás que a calidade de vida, polo que os grandes propietarios viron o camiño para facerse ricos. Para iso, conveceron ó Parlamento inglés para que impuxera unha lei para expropiar as terras comunais dos pequenos campesiños (openfields). Desta maneira, apropiáronse delas, cercáronas e xa puideron dicidir o que ían cultivar.
  • Máquina de vapor

    Máquina de vapor
    Inventada por James Watt, supuxo un gran avance no ámbito industrial, principalmente no transporte grazas a locomotora de vapor de Stephenson (1829), acortando o tempo do traxecto, aumentando a capacidade de pasaxeiros e mercadorías e reducindo custos. Permitiu axilizar o traballo das fábricas.
  • Declaración Idependencia dos EUA

    Declaración Idependencia dos EUA
    Este país era un conxunto de trece colonias de Inglaterra, mais comezaron a manisfetar a súa inconformidade despois de impoñerlles un imposto ó té, bebida moi demanda por eles, polo que empezaron unha guerra colonia e metrópole. No 1783 conseguiron independizarse. Desta maneira, George Washington firmou no 1787 unha Constitución (a primeira da historia), declarando a separación de poderes e a Declaración de Dereitos, entre outras.
    Enter Link text
  • Tear mecánico

    Tear mecánico
    Creada por Cartwright e movida polo vapor, impulsou a industria algodoeira abaratando as unidades e desencadenando ademais un lanzamento á industria química, pois era necesario maior cantidade de tinturas e branqueadores.
    A súa antecesora, a Mule Jenny, aínda que tamén se movía con vapor, precisaba de moitos tecedores e producía moitas menos teas.
  • Comezo da Revolución Francesa.

    Comezo da Revolución Francesa.
    Francia estaba sumida nun cúmulo de crises (social-política-económica). Os campesiños non tiñan para comer e se tiñan o Estado cobráballo a impostos, os burgueses demandaban privilexios, a banca debía cartos... Polo que decidiron convocar os Estados Xerais (Parlamento) para falar de incluír novos impostos. Os deputados rasos demandaban que o voto fora por cabeza e non por estamentos, e como no conseguiron, marcharon da sala, pasaron a ser unha Asemblea Constituínte. O rei tivo que aceptalo.
  • Period: to

    Movementos liberais e nacionais.

    Neste período comezan a verse os primeiros focos revolucionarios en Europa, onde a Revolución Francesa foi a gran protagonista que serviu de inspiración para os europeos e que cambiría a forma de pensar na que vivían para loitar e loitaban para vivir.
  • Period: to

    Asemblea Constituínte.

    A noticia do sucedido nos Estados Xerais deu a volta a todo París e os campesiños iniciaron as revoltas do "Gran Medo" contra institucións e residencias reais (castelos, campos, asalto á Bastilla...). Dada a situación a Asemblea Constutuínte dicidiu acabar cos dereitos feudais e calquera cousa relacionada co Antigo Réxime e aprobar unha Declaración de Dereitos do Home. A maiores, impuxeron a separación de poderes e un sufraxio censatario masculino.
  • Period: to

    Proclamación da República

    As reformas liberais non conseguiron sosegar á poboación: os campesiños non podían facerse cargo dos pagamentos para desfacerse do sistema feudal nin participaban en política e a nobreza negábase a pagar os impostos. O rei que xa non tiña papel en política, foxe a Austria mais é detivo en Varenne. Isto provocou unha guerra entre os austrias que apoiaban ó rei e os franceses. Finalmente gañaron os revolucionarios grazas ós sans-culottes, detendo á familia real, e así declarando a República.
  • Period: to

    Loita entre xirondinos e xacobinos.

    Os xirondinos asumiron o mandato apoiados pola Convención, mais os xacobinos esixían unha reforma social total que eles ían levar a cabo. Ademais gillotinaron ó rei Luis XVI e a súa muller María Antonieta polo presión popular. No 1793, xacobinos axustizaron ós deputados da oposición e elaboraron a nova Constitución. Francia encontrábase sometida á política do Terror, onde todos os disidentes eran prugados. Uníndose nunha coalición, os inimigos deron un golpe de estado e acabaron por fin có medo.
  • Period: to

    Goberno de Napoleón Bonaparte.

    Foi un dos membros do Directorio, pero ó ver a inutilidade deste deu un golpe de estado, convertíndose o goberno nun Consulado. No 1804 conseguiu que o Papa o nomeara emperador. Levou a cabo numerosas reformas liberais, asemade censuraba o libre pensamento. Destacou por controlar case o continente, mais dende o intento fallido de invadir fíxoo entrar en declive. Unha coalición europea logrou destituilo, aínda que Napoleón voltou a Francia ("Goberno dos cen días") e volveu a perder en Waterloo.
  • Period: to

    Orixes do movemento obreiro

    Unha nova era industrial que prometía moitos avances tecnolóxicos que cambiarían a vida de moitas persoas, pero ninguén creía que fose a peor. As pésimas condicións laborais facía que o proletariado quedase alienado, non tendo capacidade de pensar por si sós e anulándoos como persoas. Nesta época nace algunhas revoltas e novas formas políticas que proporcionaban raios de esperanza para os obreiros.
  • Period: to

    Primeiros movementos ludistas.

    Concretamente, apareceron por primeira vez en Inglaterra, país onde comezou e desenvolverse a 1º Revolución Industrial. O ludismo son actos repentinos e destrutivos contra as máquinas das fábricas, que as consideraban culpabeis de da súa insalubre situación. Era unha forma de protestar e exercer presión.
  • Congreso de Viena

    Congreso de Viena
    Conferencia entre as principais potencias europeas na que se intentou redirixir Europa tal e como esta antes da chegada de Napoleón, colocando as monarquías absolutas correspondentes a cadanseu país. Ademais crearon a Santa Alianza, un organismo con dereito de intervención nas revoltas de carácter liberal e nacional.
    Mapa da restauración absolutista: Enter Link text
  • Primeiras revoltas cara a liberdade

    Primeiras revoltas cara a liberdade
    Francia marcou a mente daqueles que soñaban cun mundo mellor e abreuse neles un camiño cunha luz no final. Dende 1820 ata 1848 vense varios intentos por todos os puntos cardinais. Empezan a surxir emerxencias nacionalistas cara a zona dos Balcáns pola pésima disposición das fronteiras . Húnguros, polacos e gregos, entre outros, todos eles no Imperio Austria, sentíndose incompletos por non saber ben de onde son, protestan e xermola o espertar das nacións.
  • Period: to

    Inicios dos sindicatos.

    Abandonando as revoltas ludistas, decidiron unirse en organizacións de apoio para obreiros. A primeiro fo as de Socorro Mutuo. Por supusto, as calquera forma de asociación que puidera atentar contra a seguridade da empresa está totalmente prohibida. Os sindicatos crearon caixas de resitencia substentadas por cuotas dos membros, protexían ós traballadores que se ausentaban por enfermidade ou defunción.
  • Period: to

    Guerras do opio.

    O opio é unha das sustancias máis adictivas do mundo, con efectos calmantes e somníferos. A poboación chinesa investía dous terzos do seu salario en comprala, e ante isto o goberno tomou a decisión de prohibir a importación e consumo de opio que viña da India británica. Isto rematou con unha derrota para China e que Gran Bretaña adquirira o porto de Hong Kong, un enclave estratéxico.
  • Fracaso revolucionario

    Fracaso revolucionario
    A maioría das constitucións e gobernos liberais foron substituídos por sistemas autoritarios e as revoltas restantes sufocadas. Porén, as unificacións de Alemaña e Italia foron dous importantes triunfos nacionalistas.
  • Convertedor Bessemer

    Convertedor Bessemer
    Patentado por Henry Bessemer, encargábase de transformar o ferro, fundíndoo, en aceiro. Isto serviu para construír as redes ferroviarias. Grazas o convertedor, as industrias siderometalúrxicas foron fundamentais durante Revolución Industrial.
  • Abolición da servidume en Rusia.

    Abolición da servidume en Rusia.
    Alexandre II de Rusia (1855-1881) levou a cabo varias reformas para modernizar Rusia, entre elas a abolición da servidume. A priori parecía que os campesiños sairían da pobreza, mais a maioría deles non podían facerse cargo dos pagos, a excepción duns poucos que se converteron na burguesía rural (kulaks). Alexandre II morreu ás mans dos revolucionarios.
  • Creación do marco alemán.

    Creación do marco alemán.
    Alemaña estaba nun momento de auxe económico, e ca consolidación da súa moeda, chegoua convertirse nun Imperio Mundial. A revolución industrial funcionou como nunca: en tan só vinte anos víanse redes ferroviarias por todo o territorio e os bancos concedían préstamos a un prezo moi baixo para que os empresarios investiran e investiran.
  • Period: to

    Guerra de Secesión de EE.UU.

    Foi unha batalla entre a zona norte, a favor do capitalismo moderno, e a zona sur, aínda anclada no sistema feudal e no escravismo. Gañaron finalmente os do norte (ou "ianquis"). A partir de aquí EE.UU. esperimentou un disparatado crecemento económico, reflexado na 1º Guerra Mundial e nos prósperos anos 20.
  • Creación dunha Primeira Internacional (AIT).

    Creación dunha Primeira Internacional (AIT).
    Asociación internacinal en representación de obreiros na que se discutían e se reivindicaban axudas para o proletariado, como redución da xornada laboral, erradicación do traballo infantil e recomendacións de utilizar da folga como recurso fundamental para achegarse a ditas axudas, por exemplo.
  • A Revolución Meixi, Xapón.

    A Revolución Meixi, Xapón.
    Supuxo unha reconversión do sistema tradicional ó moderno. O emperador Musuhito, presionado pola superioridade americana, decidiu impulsar a industrialización en Xapón, sempre mirando paraos métodos Occidentais, inclusive enviou funcionarios, como profesores, para que aprenderan das técnicas europeas para crecer. Funcionou con éxito, e rapidamente colocáronse no ranking das dez primeiras forzas mundiais.
  • Problemas con Bosnia.

    Problemas con Bosnia.
    O Imperio Austro-Húngaro aproveitou a difícil situación dos turcos para conquistar Bosnia. Serbia, que era a encargada de rexuntar os pobos eslavos, e Rusia ofendéronse ante isto. Isto creaou unha atmosfera de tensión sobre estes tres países, que estouparía nos inicios da 1º Guerra Mundial.
  • Unificación de Italia.

    Unificación de Italia.
    Dirixida polo xefe de goberno Cavour e apoiada por Giuseppe Garibaldi e con Vítor Manuel II de Savoia á coroa, convertiron o Piemonte nun estado forte que foi conquistando territorios e anexionándoos. Finalmente, en 1870 proclamaron o Reino de Italia, con capital en Roma.
  • Period: to

    Guerras Coloniais. Europa controla o mundo.

    A industrialización ía vento en popa e as ansias de enriquecerse crecían e crecían. Europa veu a posibilidade de extender o seus dominios e asemade o seu bolsillo, e iniciciou o proceso do imperialismo. Isto proporcionáballes grandes puntos a favor, como enclaves estratéxicos que potencibana o poder militar, vender o excedente e a exaltación do nacionalismo, onde nalgúns casos convertiuse nun narcisismo esaxerado (por exemplo, para os galos era chovinismo e para os ingleses xingoísmo).
  • Unificación de Alemaña.

    Unificación de Alemaña.
    Este proceso comezou ca unión aduaneira, o Zollverein, que permitía a libre circulación polos trinta e oito estados da Confederación Alemana. Neste caso foi o chanceler Otto van Bismarck coa espada na man quen o fixo posíbel, conquistando os territorios tanxentes con Prusia.
  • Comuna parisina.

    Comuna parisina.
    Goberno liberal que se chegou grazas á unha insurección pola derrota da guerra franco-prusiana. Aínda que só durara tres meses, xerou un forte impacto social e cultural no pobo francés en canto o dominio do proletariado e da loita pola liberdade, xa que iniciaron unha gran cantidade de reformas progresistas.
  • Final da AIT.

    Entre os principais filósofos estaban Karl Marx (director do Consello Xeral), marxista; e Mikhail Bakunin; anarquita. Ambos loitaban polo mesmo, mais discernían na forma de acadalo. Marx quería o poder para os obreiros (ditadura do proletariado) e Bakunin obtaba por desfacerse del (apoliticismo) e colectivizar a propiedade. A imposibilidade de acordo entre eles implicou a disolución da asociación.
  • Period: to

    Guerra dos bóeres.

    O conflito divideuse en varias fases. A primeira foi unha simple invasión británia polo seu control, a segunda polas minas de ouro. Aquí un vídeo que resume as fases de maneira esquemática: Enter Link text
  • Inicios do taylorismo.

    Inicios do taylorismo.
    Trátase dun método de organización de produción na que se reduce o tempo e aumenta a produtividade, pagando a comisión, así motivaba ós obreiros.e só se qudaban cos traballadores máis eficaces, pois a produción era especializada (cada un tiña só un traballo concreto).
  • Conferencia de Berlín.

    Conferencia de Berlín.
    Foi unha reunión internacional convocada por Inglaterra e Francia pola repartición de África e así adxudicarse as colonias.
  • Guerra entre China e Xapón.

    Guerra entre China e Xapón.
    As potencias asiáticas batéronse polo control de Corea, sendo Xapón a gran ganadora e adquirindo esta como protectorado en 1905.
  • Crise da Fachoda.

    Crise da Fachoda.
    Localizada en Sudán, foi o punto onde igleses e franceses se atoparon en África (na Conferencia de Berlín acordaron que Francia conquistaría o continente de oeste a este e Inglaterra de norte a sur, polo que era inevitábel que coincidisen). Debido á superioridade militar Inglaterra atemorizounos e fixéronse ca Fachoda.
  • Guerra entre EE.UU. e España.

    Guerra entre EE.UU. e España.
    Nesta batalla España perdeeu case de forma inmediata, renunciando as colonias de Porto Rico, Cuba, Filipinas e Guam, todo a causa do afundimento do Maine, un acoirazado estadounidense atracado na Habana
  • Creación do POSDR.

    Creación do POSDR.
    Foi un partido de carácter marxista nacido das revolucións e das crises de fame. Mais tarde, deu lugar a dous importantes grupos: os bolxeviques e os menxeviques.
  • Inicios do fordismo.

    Inicios do fordismo.
    Foi outro método de para producir en masa e aforrar en custos, poñendo a xornada laboral a oito horas e subindo o salario no que se utilizaba a produción en serie.
  • División do POSDR.

    División do POSDR.
    No 2º Congreso que convocaron, decidiron segregar o partido en dúas franxas. Os menxeviques querían esperar a que o capitalismo caera por si só e entrar no poder polo apoio popular, por outra banda, os bolxeviques (con Lenin á cabeza) buscaban a acción directa, a ditadura do proletariado.
  • Period: to

    Crises marroquís.

    Tratouse dun conflito, que se resolveu con diplomacia na Conferencia de Alxeciras, no que Francia tiña intencións de establecer un protectorado en Marrocos. Ó final, formaron un protectorado franco-español co apoio inglés.
  • Guerra ruso-xaponesa.

    Guerra ruso-xaponesa.
    Xapón conseguiu deter o expansionismo ruso polo norte de Corea e Manchuria, axudados polos británicos por suposto. Cinco anos máis tarde os xaponeses anexionaron Corea, un importante punto estratéxico marítimo.
  • Period: to

    Revolución Rusa.

    Foi un problema que naceu do baixo rendimento da economía e a política tsarista, que seguía tendo presos ós campesiños ó sistema feudal que tiñan que sobrevivir a anos de fame e enfermidades. A industrialización só se concentraba nalgunhas capitais, polo que Rusia aínda estaba atrasada en tódolos aspectos.
  • Domingo Sanguento. Consecuencias.

    Domingo Sanguento. Consecuencias.
    A exasperación dos campesiños pola crise alimentaria crecía ó compás do antitarismo. Isto levou a un grupo de revolucionarios a manifestarse diante do Palacio de Inverno. Nicolas II, sen saber ben onde meterse, decide mandar as tropas reais a reprimilos, con trencentos mortos civís, desarmados. Para apaciguar as masas, no Manifesto de Outubro comprometeuse a respetar as liberdades públicas, convocar unha Duma (Parlamento) e facer reformas agrarias.
  • Asasinato en Saraxevo.

    Asasinato en Saraxevo.
    Durante un desfile da familia real austríaca por Bosnia como modo de presentación, ocurriu o feito do que Europa non se esquecería. O homicidio do herdeiro á coroa de Austria por un estudante bosníaco e nacionalista provocou que Austria (impulsada por Alemaña) lle declarara a guerra a Serbia, logo Rusia lla declarara a Austria e Alemaña e este última a Rusia e Francia. Por último, na invasión de Bélxica, Gran Bretaña decidiu ir a por Austria e Alemaña. Italia mantívose neutral.
  • Period: to

    1º Guerra Mundial

    Guerra que durou catro anos que enfrotaba Rusia, Francia, Serbia, Italia, Gran Bretaña e EE.UU. (entre outros) contra Alemaña, Austria e Bulgaria (principalmente). O conflito empezou por varios subconflitos cultivados dende fai décadas, como a crise das nacionalidades dos Balcáns, a competencia militar entre Gran Bretaña e Alemaña, recuperación de Alsalcia e Lorena por parte de Francia... son algún dos principais.
  • Batalla do Tannenberg.

    Batalla do Tannenberg.
    Foi froito da ofensiva rusa ós alemáns, mais freouse grazas á axil resposta do militar HIndenburg, ordeando rápidas tropas a sufocar o ataque.
  • 1º Batalla do Marne.

    1º Batalla do Marne.
    Foi o primeiro enfrontamento físico, concretamente entre ingleses e fraceses no que estes últimos lograron impedir que chegasen á capital parisina (tal e como ordenaran co Plan Shlieffe) no río Marne.
  • Entrada de EE.UU. na guerra.

    Entrada de EE.UU. na guerra.
    Alemaña ese ano empezara a lanzar unha serie de ofensivas navais como forma de neutralizar ós ingleses (tiñan a frota máis importante do mundo), e entre eses ataques un foi a un barco americano chamado Lusitania. Non fixo falta máis nada para que EE.UU. entrara na guerra co único obxectivo de afundir o Imperio alemán. Este acontecemento redirixiu as tornas completamente a favor dos aliados.
  • Period: to

    Batalla de Verdún.

    Foi unha batalla dura e sen ningún avance, onde as trincheiras francesas e inglesas apenas se mobilizaron.
  • Batalla de Xutlandia.

    Batalla de Xutlandia.
    Tratouse dun enfrontamento naval entre as frotas británicas e alemás. Ademias sacaron a estrear os submarinos para impedir o aprovisionamento que viña de América.
  • Batalla do Somme.

    Batalla do Somme.
    Foi un intento de romper as trincheiras alemáns, un conflito moi sanguinario, cun millón de baixas en total. Aquí un vídeo de exemplo: Enter Link text
  • Revolución de febreiro.

    Revolución de febreiro.
    As derrrotas de Rusia na guerra, as reformas insuficientes e o malestar político polos complots formados contra Rasputín, que terminou no seu asasinato, foron algunhas das causas desta revolución. En febreiro fíxose folga xeral e unha gran manifestación en San Petersburgo, donde os sóviets foron os protagonistas (asociacións de obreiros, soldados e campesiños). Afogado pola presión o tsar abdicou e formouse un goberno provisional.
  • Sublevación bolxevique.

    Sublevación bolxevique.
    Os bolxeviques decidiron tomar acción directa e asaltaron o Palacio de Inverno, xa que alí residía o goberno provisional. Desta maneira formaron un novo goberno improvisado, o Comisario do Pobo, e convocaron unha Asemblea Constituínte, onde os bolxeviques non tiñan a a maioría, e disolvérona.
  • Period: to

    Guerra Civil Rusa.

    A oposición ó goberno dos sóviets (tsaristas, apoios do goberno provisional e incluso países como Gran Bretaña e EE.UU.) organizouse para combatir e impedir a consolidación do Estado Soviético. Na outra banda, os revolucionarios formaron o Exército vermello (dirixido por Trotski). Finalmente, a reparticón de terras entre campesiños axudou ós bolxeviques a vencer ós brancos.
  • Tratado de Brest-Litovsk.

    Tratado de Brest-Litovsk.
    En Rusia estábase vivindo unha crise política interna polo movemento bolxevique. Lenin, que estaba no exilio tivo que firmar un pacto con Alemaña para crear un salvoconduto para a súa repatrición, ca condición de os rusos abandonaran a guerra e cederan territorios ós seus aliados de Alemaña, e así se fixo.
  • Asasinato do tsar.

    Asasinato do tsar.
    O tsar e a súa familia era a única esperanza para o Exército branco, polo que debían protexelos se querían restaurar a monarquía. Os bolxeviques rapidamente foron na súa busca e eliminaron a Nicolao II e a súa familia, incluídos fillos.
  • Fin da guerra.

    Fin da guerra.
    A entrada de EE.UU. implicou que as tropas alemás entraran en decadencia. Na 2ª Batalla do Marne fixo que retrocederan ata Berlín. Dentro do Reich estaban experimentando unha revolución semellante á bolxevique, e ó kaiser non lle quedou opción que abdicar o 9 de novembro. Dous días despois firmouse o armisticio, e polo consecuente, a fin da guerra.
  • Fasci itali di cambattimento.

    Fasci itali di cambattimento.
    Era a garda persoal de Benito Mussolini ou forza paramilitar que encargaba de reprimir a calquera que se poidera interpor no camiño da marea negra.
  • Tratado de Versalles.

    Tratado de Versalles.
    Un dos cinco tratados que pactaron na Conferencia de París cos perdedores. O máis importante foi o de Alemaña, pois culpábase a ela das desfeitas en Europa. No tratado estipulábase o seguinte:
    -Pagar as reparacións de guerra.
    -Imposibilidade de aliarse con Austria no futuro.
    -Desfacer o II Reich.
    -Exérito de 100.000 homes e abolición do servizo militar.
    -Ocupación do Rin polos franceses durante quince anos.
    -Expropición das minas do Sarre.
    -Repartición das colonias.
    -Perda de 15% de territorios.
  • Period: to

    Felices anos 20.

    Foi un período de esplendor e prosperidade par os estadounidenses. A vitoria na 1ª Guerra Mundial fíxolle sumar grandes beneficios económicos, incluíndo todo o que ganou aprovisionando ós europeos. Era a primeira potencia mundial, posuían a tecnolxía máis avanzada, proporcionaba ó extranxeiro e permitíase ter diñeiro depositado noutros continentes. Novos inventos aparecen e maior produtividade das fábricas creceu, polo que o precio baixou e os cidadáns podían permitirse mercar coches e vivendas.
  • Marcha sobre Roma e ascenso do fascismo.

    Marcha sobre Roma e ascenso do fascismo.
    Foi unha folga xeral convocada pola esquerda política e Benito Mussolini, onde milleiros e milleiros de "camisas negras" (membros e votantes do partido fascista) saíron á rúa para atemorizar ós políticos conservadores, con algún acto de violencia que outro. Finalmente, Vítor Manuel III nomeu a Mussolini para encargar o goberno.
  • Creación da URSS.

    Creación da URSS.
    Cando vencen ó Exército branco, deciden aplicar unha política máis firma, reprimindo calquera insurección e erradicando a oposición, todo para consolidar a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. En 1923 firmaron unha Constitución onde se reafirmaban a Ditadura do Partido Comunista. O goberno dividíase en Estado (e a súa vez en sóviets según os niveis da administración, como local ou da república) e Partido, que funcionaban complemetariamente.
  • Morte de Lenin. A URSS desamparada.

    Morte de Lenin. A URSS desamparada.
    Co goberno descabezado tras a morte de Lenin, o partdio centrouse en dous posibeis candidatos: Trotski e Stalin. Antes de morrer, Lenin preparara un testamente onde deixaba por escrito a súa opinión acerca dos dous comunistas. Aínda que ambos posuían un actitude egocéntrica, aconsellou que quitaran a Stalin do cargo po ser demasiado perigoso.
  • Plan Dawes.

    Plan Dawes.
    Alemaña estaba realizando os pagos das reparacións de guerra a duras penas, reunindo tan só 8.000 millóns de marcos de 20.000. Francia apropiouse o Ruhr para seguir cobrando, mais os alemánsestaban xa faltos de recursos. Os EE.UU. idearon o Plan Dawes, que era fraccionar o pagamento para que lle fose máis asequible e potenciaron o marco grazas a préstamos que eles mesmos lles proporcionaron.
  • Asasinato de Matteotti.

    Asasinato de Matteotti.
    El era un deputado socialista italiano que foi axustizado polas mans do fascismo polas acusacións a Mussolini por manipular as eleccións. Dende o comezo manifestou o seu desacordo co fascismo e negouse a formar goberno con eles. Tras dar un discurso desmantelando todos os trapos sucios dos fascista, secuestrárono e matárono, aínda que se descoñece quen do partido deu a orde de execución.
  • Leis de Nuremberg.

    Leis de Nuremberg.
    Eran unha serie de leis polas que se degradaba ós xudeus, sobre todo os residentes en Alemaña, á categoría de cidadán de segunda. Un grupo do partido nazi construíu unha táboa cos posibeis matrimonios entre alemáns segundo a pureza da súa sangue. Por exemplo, aquel que tivera un só avó xudío considerábase alemán, mais aquel con tres ou catro xa estaba descartado para casarse con ninguén.
  • Stalin chega ó poder.

    Stalin chega ó poder.
    A pesar de que ó principio non era o candidato máis apto para encabezar o Partido, finalmente físoxe con el. A partir dos anos 30, empezou a cementar o socialismo en Rusia, e iso implicaba eliminar disidentes e antigos compañeiros de traballo que puideran conspirar con el, inclusive Trostki (estaba exiliado, e cambiou numorosas veces de continente). Enviou unha parella de comunistas españois e un deles clavoulle un piolet na cabeza.
  • Period: to

    Plans Quinquenais.

    Era as intrucións coas que se pretendía reconverter á URSS nunha potencia industrial e militar en apenas dez anos. Para facelo, colectivizaron todos os campos e os bens de produción e organizaron á poboación coa súas respectivas tarefas. Aquí un vídeo que explica brevemente as fases deste plan. Enter Link text
  • Crac da bolsa de EE.UU.

    Crac da bolsa de EE.UU.
    A produción masiva das empresas chegou ó seu tope e a oferta superou á demanda (sobreprodución). Como as empresas seguían tendo un alto valor en bolsa, os inversores dirixíronse ó mercado de accións. O prezo destas aumentou tanto que se creou unha burbulla especulativa, é decir, o prezo por elas non era real. Co medo de perder cartos, algúns inversores puxeron á venda as súas accións. Isto creou un "efecto rebaño" e provocou unha caída das accións en picado, perdendo 10.000 millóns de dólares.
  • Period: to

    Gran Depresión.

    EE.UU. entrou en crise polo efecto dominó do crac: o banco non cobraba os intereses, polo que retiraba os préstamos ás empresas, estas non se desfacían do stock, os traballadores á rúa, aumenta o paro, baixa a demanda de consumo... Todo o anterior contaxiouse a Europa, pois esta dependía aínda de América para reconstruír as infraestruturas e asumir os gastos da guerra.
  • Holomodor, gran fame na URSS.

    Holomodor, gran fame na URSS.
    Esta crise afectou á república soviética de Ucraína como consecuancia da colectivización das terras que non permitía a subsistencia da poboación. Tiveron que racionar a poucacomida que tiñan e os privilexiados conseguíana a través dos mercados negros as costas do goberno.
  • IRI, proxecto de intervencionismo económico.

    IRI, proxecto de intervencionismo económico.
    Creado nun inicio para salvar a subsistencia dos bancos italianos pola crise xerada polo crac do 29. A partir do 37, a institución controlaba todos os sectores da industria para centrala na produción pesada e para converter a Italia nun estado autárquico.
  • Period: to

    New Deal.

    Trátase do plan co que Roosevelt pretendía saír da gran crise a nivel nacional, basándose na intervención do Estado. Consistía en fomentar obras públicas para crear emprego, reducir o traballo agrario para controlar os rezos, axudas para pagar hipotecas, subvencións para anciáns e persoas dependentes... entre outras. A pesar das numerosas críticas que recibiu polo grao de intervención público, serviu para estabilizar a economía, aínda que non permiteu e seu crecemento.
  • Incendio do Reichstag e ascenso do nazismo.

    Incendio do Reichstag e ascenso do nazismo.
    Despois de cantar vitoria nas eleccións no 1932 grazas ás súas promesas para as familias case non podían comer dada a deplorábel da Gran Depresión, Hitler só necesitaba conseguir o poder absoluto. No 1933 limitou o dereito a reunións e a liberdade de prensa, e nese ano utilizou o incendio do Reichstag como pretexto para culpar ós comunistas e perseguilos. Desta maneira aboliu os dereitos fundamentais que se estipulaban na Constitución.
  • Period: to

    Procesos de Moscova.

    Constituíron unha serie de xuízos en contra de antigos líderes comunistas, onde estes confesaban críminesfalsos baixo as terribeis torturas de Stalin, Ademais, os diferentes cargos do exército foron depurados case por completo. Algúns deses castigos eran labazadas continuas, non dormir, estar días de pé e ameazas contra as familias.
  • Noite dos cristais rotos.

    Noite dos cristais rotos.
    Logo de pactar as Leis de Nuremberg, empezouse a perseguir e atemorizar á comunidade semitas. En 1938, leváronse a cabo numerosos ataques nocturnos contra establecementos xudeus e sinagogas, destruíndoas e saqueándoas, inclusive deixando vítimas ó seu paso e os que tiveron sorte deportáronse ós campos de concentración. Todo isto fíxose co pretexto de que no 7 de novembro un xudío disparou a un membro nazi da embaixada en París.