REVOLUCIÓN

  • LIBERALISMO

    Doutrina política, económica e social, nacida a finais do século XVIII, que defende a liberdade do individuo e unha intervención mínima do estado na vida social e económica.
  • ADAM SMITH

    ADAM SMITH
    A teoría clásica do comercio internacional ten as súas raíces na obra de Adam Smith que expón a interacción entre comercio e crecemento económico. Coñecida comunmente, como teoría da vantaxe absoluta, xa que Adam Smith tomou os custos de produción en termos absolutos.
  • ROBESPIERRE

    ROBESPIERRE
    Foi un dos máis prominentes líderes da Revolución francesa, deputado, presidente da Convención Nacional en dúas ocasións, xefe indiscutible da facción máis radical dos jacobinos e membro do Comité de Salvación Pública, entidade que gobernou Francia durante o período revolucionario coñecido como o Terror
  • REVOLUCION INDUSTRIAL

    REVOLUCION INDUSTRIAL
    Denomínase Revolución Industrial ao proceso iniciado no século XVIII en Inglaterra, polo cal a humanidade pasou dunhas formas de vida tradicionais baseadas na agricultura, a gandería e a produción artesanal.
  • METTERNICH

    METTERNICH
    Clemente de Metternich foi unha das figuras políticas máis destacadas da primeira metade do século XIX. Foi o rival político de Napoleón e o defensor máis fero do absolutismo. Destacou especialmente por idear a Restauración e concentrar a hexemonía europea en Austria tras o Congreso de Viena.
  • WASHINGTON

    WASHINGTON
    George Washington, considerado o “Pai da Patria”, foi un soado xeneral que conduciu ao Exército Continental á vitoria na Guerra de Independencia Americana (1775-1783), artífice da construción das bases democráticas da nova nación, que o elixiu primeiro presidente dos Estados Unidos de América
  • INDEPENDENCIA DE ESTADOS UNIDOS

    INDEPENDENCIA DE ESTADOS UNIDOS
    Conflito bélico que enfrontou ás Trece Colonias británicas orixinais en América do Norte contra o Reino de Gran Bretaña.Ocorreu entre 1765 e 1781, finalizando coa derrota británica na batalla de Yorktown e a firma do Tratado de París.1776, o Congreso de Estados Unidos aprobou a Declaración de Independencia. O Congreso publicou a Declaración de Independencia de varias formas. Inicialmente publicouse como un impreso en gran formato que foi  distribuído amplamente e lido ao público.
  • MÁQUINA DE VAPOR

    A primeira gran máquina de vapor con mecánica rotativa foi instalada por Boulton e Watt en 1786 no Muíño de Albion en Londres. A maquinaria do muíño foi deseñada e construída polo escocés Meikle que despois se dedicaría a instalar reguladores centrífugos nos muíños de pedra.
  • REVOLUCIÓN FRANCESA

    REVOLUCIÓN FRANCESA
    Proceso social e político que se desenvolveu en Francia entre 1789 e 1799 cuxas consecuencias foron a abolición da monarquía absoluta e a proclamación da República, eliminando as bases económicas e sociais do Antigo Réxime. O fin do Antigo Réxime veu coa Revolución francesa, cuxo último rei foi o borbón Luís XVI, decapitado publicamente pola guillotina, insignia da revolución.Iso para referirse, de forma despectiva claro, á forma de goberno anterior ao estalido da revolución de 1789.
  • NAPOLEÓN

    NAPOLEÓN
    Bonaparte instituyó diversas e importantes reformas, incluíndo a centralización da administración dos departamentos, a educación superior, un novo código tributario, un banco central, novas leis e un sistema de estradas e cloacas.
  • IMPERIO NAPOLEÓNICO

    IMPERIO NAPOLEÓNICO
    O imperio napoleónico comezou a principios de 1800 en Francia co obxectivo de facer aquel país cada vez máis poderoso.Foi o primeiro imperio francés facendo que o primeiro emperador, gobernante e creador daquel imperio de Francia fose Napoleón Bonaparte.
  • SECTOR TÉXTIL

    No século XVIII a industria téxtil aproveitou o poder do vapor de auga para o funcionamento dalgunhas máquinas que utilizaba. Estas téxtiles convertéronse no modelo de organización do traballo humano nas fábricas.
  • SIDERURGÍA

    As industrias siderúrxicas asentáronse alí onde había minas de carbón. Ao desenvolvemento do sector contribuíu a incorporación de novas técnicas como o do pudelaje do ferro que permitiron eliminar as impurezas do ferro inglés e empregalo con maior eficacia na produción de bens.
  • NACIONALISMO

    Doutrina e movemento políticos que reivindican o dereito dunha nacionalidade á reafirmación da súa propia personalidade mediante a autodeterminación política.
  • CONGRESO DE VIENA

    CONGRESO DE VIENA
    O Congreso de Viena foi un encontro internacional celebrado na capital austriaca, convocado co obxectivo de restablecer as fronteiras de Europa tras a derrota de Napoleón Bonaparte e reorganizar as ideoloxías políticas do Antigo Réxime.
  • FERROCARRIL

    A gran revolución do ferrocarril comezou en 1814, cando George Stephenson utilizou a máquina de vapor como medio de locomoción. O seu invento foi un éxito e comezou a usarse de inmediato nas minas, podendo transportar oito vagóns de 30 toneladas a unha velocidade de 7 km/ h.
  • BISMARCK

    BISMARCK
    Otto von Bismarck (1815–1898) foi un político multidisciplinar alemán que en 1862 converteuse en primeiro ministro de Prusia e, aos poucos, fíxose co control de Europa. O primeiro obxectivo de Bismarck era a unificación alemá.Empezou a súa carreira como embaixador de Prusia.
  • ANARQUISMO

    ANARQUISMO
    Doutrina política que pretende a desaparición do Estado e dos seus organismos e institucións representativas e defende a liberdade do individuo por encima de calquera autoridade.
  • REVOLUCIÓN BURGUESA

    REVOLUCIÓN BURGUESA
    As Revolucións de 1820 son o comezo da fragmentación definitiva do absolutismo e do antigo réxime en Europa. Foron movementos nacionalistas que tiñan como base a consecución dun estado liberal, sen depender dun rei que concentrase todo o poder absoluto
  • VICTOR MANUEL II

    VICTOR MANUEL II
    Víctor Manuel II foi o último rei do Reino de Sardeña e o primeiro rei de Italia. Fillo primoxénito de Carlos Alberto I, Rey de Sardeña e de María Teresa de Austria, Princesa de Toscana. Foi o último rei de Sardeña e o primeiro rei de Italia.
  • REVOLUCIÓN BURGUESA

    En 1830 o pobo de París depuxo ao rei Borbón Carlos X. O exército se mnegó a repreimir ao pobo e Carlos debeu abandonar Francia. A Cámara de Deputados designou rei a Luís Felipe de Orleans, que adhería aos principios da monarquía constitucional.
  • SOCIALISMO

    Doutrina política e económica que propugna a propiedade e a administración dos medios de produción por parte das clases traballadoras co fin de lograr unha organización da sociedade na cal exista unha igualdade política, social e económica de todas as persoas.
  • REVOLUCIÓN BURGUESA

    A Revolución francesa de 1848 foi unha insurrección popular que tivo lugar en París do 23 ao 25 de febreiro de 1848. Obrigou ao rei Luís Felipe I de Francia a abdicar e deu paso á Segunda República Francesa Liberalismo e nacionalismo: do mesmo xeito que en 1830, preténdese acabar co absolutismo e o autoritarismo das monarquías. Ideais democráticos: en 1848 irrompe con forza a reivindicación da democracia, claramente separada das formulacións liberais.
  • SINDICALISMO

    SINDICALISMO
    Sistema de organización laboral ou social por medio do sindicato
  • SOCIEDADE

    Logo da industrialización, a sociedade divídese segundo o mérito e o seu capital, polo que a burguesía gaña importancia e convértese nun grupo social moi estendido que acumulaba o poder e as propiedades,aínda así, había dous tipos: a alta burguesía e a baixa burguesía, mentres que o proletariado tamén é indispensable para traballar nas novas industrias que aparecen e máis tarde loitar e reivindicar os seus dereitos laborais e sociais.